CINE

Arteficial presenta a segunda edición de Colchoneta Film Festival

Os días 7 e 8 de maio celébrase no local social da Madalena de Ribadavia a segunda edición de Colchoneta Film Festival

Os días 7 e 8 de maio celébrase no local social da Madalena de Ribadavia a segunda edición de Colchoneta Film Festival, unha mostra de curtametraxes e longametraxes de corte social, no marco da celebración do décimo aniversario da Asociación Cultural Arteficial, organizadora do evento.

Este pretende ser un punto de encontro entre público e cineastas e as pezas seleccionadas son: Anti-Mulleres. Existir Mal, de Beatriz Saiáns; The Exhaust Note, de Vicente Vázquez e Usue Arrieta; Ser e Voltar, de Xacio Baños; La Sentencia, de David Salgado e Frankestein-04155, de Aitor Rei

Te puede interesar