El Balneario de Arnoia reabre de cara al Xacobeo

Asamblea de la Asociación de Balnearios de Galicia.
photo_camera Asamblea de la Asociación de Balnearios de Galicia.

A Asociación de Balnearios de Galicia vén de celebrar a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Cidade da Cultura. Durante a xuntanza valorouse a reactivación do sector, xa que aos balnearios de Laias, Mondariz, Cuntis, A Toxa e Augas Santas, vanse sumar nas vindeiras semanas as reaperturas dos de Carballo, Lugo, Arnoia, Partovia e Dávila.

Os balnearios galegos comezan a abrir as súas portas logo de estar pechados, na maioría dos casos, máis dun ano a causa da crise sanitaria. A asociación, que renovou a presidencia de Marisol Espiño, seguirá potenciando o programa “Un descanso nos Camiño”, que conta co apoio da Axencia de Turismo de Galicia e é un dos cinco proxectos aprobados polo Clúster de Turismo de Galicia, presentado pola Asociación de Balnearios de Galicia en colaboración coa Fundación Expourense, Caldaria, Unión de Hosteleros Ourensanos e Amigos da Cociña Galega. A través desta iniciativa búscase potenciar o turismo termal aproveitando o Xacobeo 2021-2022 para peregrinos e público interesado.

Te puede interesar