O BNG defende que o contrato homologado se faga por norma

O cabeza de lista do BNG por Ourense, Xosé Manuel Pérez Bouza, mantuvo onte unha xunta co sector do viño no Clube Náutico de Castrelo de Miño.
Unha reunión na que participaron adegueiros e produtores, e que tamén contou coa presenza do alcalde Xurxo Rodríguez e o candidato do Ribeiro, Xosé Manuel Vilas. Pérez Bouza escoitou as demandas e as necesidades do sector do viño, e tamén lles trasladou as propostas do BNG. Así, afirma que na próxima lexislatura o BNG pedirá que se aumenten os fondos destinados á promoción exterior dos nosos viños. 'No exterior é onde temos máis posibilidades de aumentar o mercado porque xa o mercado do Estado español está estancado desde hai varios anos'.

Outra das cuestións que plantexa é a defensa dos contratos homologados. Nesta liña, sinala que 'o BNG proporá medidas legislativas para regular os contratos homologados entre adegueiros e produtores para que isto sexa unha norma e non unha excepción, para en definitiva, dar garantías'. Neste sentido, sinala que o BNG demandará unha maior implicación do ICES (o Instituto de Comercio Exterior) porque 'consideramos unha prioridade o obxectivo de copar mercado'.

Ademais, engade que van defender ante a Unión Europea que non se liberalicen os dereitos de plantación en favor da calidade na producción.

Te puede interesar