O grupo de acción feminista do BNG na comarca do Ribeiro organiza para o vindeiro domingo, 10 de marzo, ás 10,30 horas, o primeiro roteiro con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres (8 de marzo).
O I Roteiro Feminista do Ribeiro terá lugar coa firme intención de revindicar o papel da muller galega no rural e, en concreto, de todas aquelas mulleres que sempre se adicaron ao sector vitivinícola na comarca, segundo sinalan as organizadoras.
Trátase dun roteiro de 6 kilómetros, de baixa dificultade, que partirá da área recreativa do Salgueiral do río Avia, no Concello de Leiro, onde se concentrarán os participantes que comezarán a andaina cara a Barzamedelle ata chegar aos viñedos Ibedo, rematando de novo no Salgueiral, onde compartirán unhos petiscos, tras completar o percorrido.
Para poder participar será necesario inscribirse, de maneira totalmente gratuita, na seguinte ligazón: https://forms.gle/XT3PLceMmMSuu8q3A.
O grupo de acción feminista do BNG tamén informa de que se non son favorables as condicións metereolóxicas trasladarase a actividade ao seguinte domingo, 17 de marzo.
Este roteiro ponse en marcha co obxectivo de darlle continuidade en anos sucesivos e as organizadoras convidan ao público en xeral a participar nesta experiencia reivindicativa pero tamén de lecer.