OCIO

Castrelo habilitará un centro de xuntanza veciñal en Barral

O proxecto da "Casa da Anguía" suporá 43.000 euros de inversión e dará servizo a uns 600 veciños

A reforma e ampliación dun pequeño edificio ubicado xunto ó Parque Náutico de Castrelo de Miño posibilitará a creación dun centro sociocultural para os veciños da localidade de Barral, que carecen na actualidade dun espazo para reunirse e desenvolver actividades. Trátase dun inmoble de planta baixa nas inmediacións do campo onde se celebra a tradicional Festa da Anguía, e que por esta proximidade recibirá a denominación de "Casa da Anguía" unha vez estén rematados os traballos de acondicionamenteo previstos. 

Estes consistirán, fundamentalmente, nunha adaptación e distribución do espazo interior e dotación de mobiliario, ademais de  unha ampliación en altura e a instalación dunha nova cuberta. "O obxectivo deste proxecto é que os veciños da parroquia de Barral dispoñan dunha sede estable onde poidan manter xuntanzas e disfrutar de actividades de tipo cultural e lúdico durante todo o ano", apunta o alcalde de Castrelo, Xurxo Rodríguez Méndez.

Neste núcleo urbán do municipio concéntrase unha parte importante da poboación, xa que son aproximadamente uns 600 veciños os que a habitan. O rexedor lembra, neste sentido, que "é unha zona moi poboada, xa que nela está a Casa do Concello, o complexo polideportivo do Parque Náutico e unha serie de infraestructuras de servizos públicos e comerciais".

Ata o de agora, os veciños de Barral recurrían ás dependencias municipais ou ás instalacións do  Clube Náutico para manter as súas reunións. O proxecto para a "Casa da anguía" suporá un investimento aproximado de 43.000 euros, dos que aproximadamente un 80% será aportado polo Grupo de desenvolvemento rural do Ribeiro-Carballiño (GDR-12). As obras comenzarán a finais do presente ano e continuarán nos primeiros meses de 2018.

Ampliación do fogar sociocomunitario

O Concello de Castrelo de Miño tamén ten a previsión de levar a cabo traballos de ampliación na vivenda sociocomunitaria existente no municipio, adicada á atención a personas maiores. Na actualidade, según comenta Xurxo Rodríguez, "hai 12 prazas ocupadas na súa totalidade con persoas válidas e con problemas de baixa dependencia". Pero no caso de que algunhas destas persoas pasen a ser dependentes graves, carecerían dun espazo onde poder residir. Por elo, o goberno municipal presentou un proxecto ante o GDR-12 a fin de crear outras catro prazas de aloxamento destinadas específicamente a veciños con gran dependencia. Esta iniciativa de Castrelo, que supón un investimento de 150.000 euros, resultou ser a segunda máis valorada polos técnicos. Deste xeito, recibirá de axuda un 90% do devandito custe.

Te puede interesar