Castrelo de Miño pide un contrato homologado para a uva do Ribeiro

O Concello de Castrelo de Miño traslada á Consellaría do Medio Rural o acordo plenario acadado por unanimidade dos tres grupos da Corporación municipal: BNG, PSdeG e PP, para solicitar que convoque aos distintos representantes do sector vitivinícola do Ribeiro, para establecer un novo contrato homologado para a vendima de 2013 e seguintes campañas, partindo da base do contrato vixente ate o ano 2010.
O acordo tamén contempla demandar á mesma consellería que apoie en igualdade aos distintos viños galegos no seu labor promocional.

Ademáis, o Concello tamén traslada o referido acordo aos demáis municipios da Denominación de Orixe Ribeiro, ao Consello Regulador e á Deputación provincial.

A Corporación municipal ten en conta a proximidade da terceira vendima sin contrato homologado para fixar o prezo da uva, se non se convoca a mesa do viño e se chega a un acordo. 'Varios concellos da comarca, varias das principais adegas e as organizacións que agrupan aos produtores de uva manifestaron a súa demanda de continuidade de dito marco regulador da comercialización da uva na comarca do Ribeiro. Sen embargo, nas pasadas campañas de 2011 e 2012 a Xunta careceu da suficiente vontade para lograr un acordo entre as partes implicadas', segundo as autoridades locales.

Te puede interesar