MUNICIPALES 2015

César Fernández abrirá a lista do PP en Ribadavia

photo_camera Rosendo Fernández, Manuel Baltar e Xesús Vázquez, cos candidatos.

Aquilino Iglesias debuta en política sendo candidato en Berán

O PPOU presentou onte ós candidatos ás eleccións municipais correspondentes á Xunta Local de zona de Ribadavia. A maioría repiten, excepto en Ribadavia, onde opta á alcaldía o actual portavoz municipal da oposición, César Manuel Fernández Gil (34 anos). É licenciado en Filosofía, Diploma de Estudos Avanzados en Filosofía e Grao en Dereito. Actualmente é asesor de Política Cultural da Deputación de Ourense, concelleiro e voceiro en Ribadavia dende 2011 e presidente local do PP dende 2012. César Manuel Fernández sustituirá a Pilar Rodríguez Martínez, candidata nas ateriores eleccións municipais.

Tamén hai relevo na Entidade Menor de Berán, con José Aquilino Álvarez Pérez (60 anos). Policía portuario de profesión, é a súa primeira incursión en política.

O acto desenvolveuse no Centro Comarcal de Ribadavia, intervindo primeiramente César Manuel Fernández, que pedía a colaboración "para transmitir a mensaxe do PP a tódolos veciños", insistindo en que "é importante que consigamos os concellos nos que aínda non gobernamos".

O secretario xeral do PPOU, Rosendo Fernández, diu lectura á acta de designación por unanimidad dos cabeza de lista, e Xesús Vázquez Abad, membro do Comité Executivo do PPdeG, sinalou que "Ribadavia necesita un cambio e só facendo forza entre toda a comarca a sacaremos adiante". Pechou o acto o presidente provincial, Manuel Baltar, quen se referiu aos candidatos populares como “uns alcaldes e portavoces municipais que saben o que é ter o respaldo maioritario dos veciños e veciñas", sinalando que "quedan 225 días para o 24 de maio de 2015 e o PPOU está en actividade permanente”. O presidente provincial tamén destacaba que "este é un acto único, non hai ningunha outra formación política que con tanta anticipación presente candidatos".

Deste xeito, volven a ser candidatos os actuales alcaldes: Senén Pousa por Beade, José Camilo Fariñas por Arnoia, Antonio Montero por Avión, Francisco José Fernández por Leiro, Gabriel Alén por Cenlle e Cristina Francisco por Melón. Tamén optan á alcaldía: Avelino Pazos Pérez por Castrelo de Miño (gobernado polo BNG) e Lorenzo González por Carballeda de Avia (gobernado por PSdeG).

Te puede interesar