O Concello de Cortegada aluga a primeira vivenda

A vivenda que aluga o Concello de Cortega en Valongo.
photo_camera A vivenda que aluga o Concello de Cortega en Valongo.
Está amueblada e o prezo do aluguer é de 100 euros mensuais.

O Concello de Cortegada publicou as bases para a adxudicación en réxime de aluguer, dunha vivenda en Valongo. O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo día 11 de febreiro, segundo informan as autoridades locais. A vivenda está en boas condicións e foi rehabilitada recentemente gracias a unha axuda do Instituto Galego de Vivenda e Solo. 

A mesma consta de trasteiro, lavadoiro, cociña, salón comedor, baño e dous dormitorios. Está amueblada e o prezo do aluguer é de 100 euros mensuais. Tódas aquelas persoas interesadas que cumpran os requisitos establecidos nas bases de adxudicación poden presentar a solicitude ata o venres 11 de febreiro.

Na páxina web do concello: www.cortegada.es, pódese consultar toda a información, ou nas propias oficinas municipais. Trátase da primeira vivenda que o Concello adxudicará en réxime de aluguer, estando previsto que no próximo mes de outubro do presente ano se adxudique a segunda, co fin de asentar poboación.

Te puede interesar