A proposta que resulte gañadora será premiado con 1.500 euros

Un concurso convoca a os deseñadores e artistas para facer o cartel da Feira do Viño

Una camarera lleva una bandeja en la Feira do Viño 2008. (Foto: Xesús Fariñas)
O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro convoca o concurso de carteis para seleccionar o cartaz que vai representar á XLVI Feira do Viño do Ribeiro, que se celebrará a primeira fin de semana de xullo.
A proposta que resulte gañadora será premiada con 1.500 euros e os traballos que queden no segundo e terceiro posto obterán un accésit de 300 euros cada un. A data de recepción dos orixinais estenderase ata o día catro do próximo mes de maio, as 14 horas.

Según os responsables do certame, ‘o Consello Regulador busca un cartel que teña como tema o viño do Ribeiro e a súa exal tación do branco, tinto e tostado’. Por ese motivo, apuntan que no caso de querer destacar só un, terá que ser o viño branco.

A participación está aberta a deseñadores e artistas de calquera nacionalidade, podendo presentar cada un deles un máximo de tres obras. O fallo farase público o 14 de maio, día no que se entregarán os premios.

Te puede interesar