Mantiveron onte en Arnoia unha entrevista de traballo cos conselleiros de Educación e Cultura

Os empresarios dos balnearios solicitan que a Xunta inclúa a súa oferta no Xacobeo 2010

Roberto Varela e Jesús Vázquez con Rafael Luaña e outros empresarios, onte en Arnoia. (Foto: José Paz)
Os directivos da Asociación Galega da Propiedade Balnearia reuníronse onte en Arnoia cos conselleiros de Educación, Jesús Vázquez, e de Cultura e Turismo, Roberto Varela, a fin de reivindicar a entrada da oferta termal na programación do Xacobeo 2010. ‘Tamén plantexamos o ensino do inglés para o personal dos nosos centros’, sinalou Rafael Luaña, presidente da asociación. Os representantes da Xunta comprometéronse a incentivar con tres millóns de euros a inversión no sector e a súa promoción a nivel mundial.
Os centros termais galegos desexan ter o seu protagonismo dentro do programa turístico da Xunta para o Xacobeo do vindeiro ano, e así llo fixeron saber os empresarios do sector ós representantes do Goberno autonómico. Nunha xuntanza celebrada na tarde de onte no Hotel Balneario Caldaria de Arnoia cos conselleiros de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e Educación, Jesús Vázquez, a directiva da Asociación Galega da Propiedade Balnearia (AGPB) reivindicou o apoio das institucións ás súas iniciativas.

Según apuntou Rafael Luaña, o presidente da asociación que agrupa a 20 empresas balnearias galegas, ‘plantexámoslle ó conselleiro de Cultura e Turismo a idea de incluir os balnearios na oferta turística do Xacobeo 2010, a fin de que a Xunta colabore co noso proxecto, que chamamos ‘Balnearios de Galicia: un descanso en los caminos’, en alusión os itinerarios do Camiño de Santiago’. Ademais, os empresarios termais solicitaron do titular de Educación, Jesús Vázquez, ‘a promoción de cursos de inglés para o personal dos nosos centros, co obxectivo de mellorar a atención ós visitantes do extranxeiro’.

Divulgación

Por parte da Xunta, a reunión foi cualificada como ‘moi frutífera’, xa que se analizaron ‘iniciativas previstas para progresar no turismo de saúde galego e na divulgación do turismo termal da comunidade autónoma fóra das nosas fronteiras’, indicaron fontes das consellerías. Neste sentido, abordouse a futura internacionalización da campaña termal para extender o termalismo galego a todo o mundo, ‘un proxecto no que a Secretaría Xeral para o Turismo xa vén traballando na posta en marcha de accións encamiñadas a potenciar a investigación neste campo e de actividades académicas relacionadas’, comentaron as mesmas fontes. O potencial do termalismo galego será un dos eixos centrais nos orzamentos da Consellería de Cultura e Turismo, ‘que abrirá unha liña de axudas para incentivar o investimento neste sector de actividade por un importe de 3 millóns de euros’.

PREVISIÓNS


Creación dun área para a saúde


A colaboración entre a Xunta e os empresarios incorporará algunhas novidades, sinalaron as fontes antes citadas. Entre elas, a posta en marcha dun centro de negocios virtual, o incremento da presenza de delegacións de empresarios e profesionais de países como Hungría, Chile, México ou Arxentina e a creación dun Área de Saúde como plataforma para algúns dos avances da Hidroloxía médica. ‘Esta nova concepción do termalismo como base do turismo de saúde refrendouse cunha ocupación do 65,92 % no agosto deste ano e máis dun 50% de prazas hoteleiras termais con catro estrelas’, engadiron.


Te puede interesar