A Entidade de Berán tramita a apertura do balneario vello

A apertura das instalacións do balneario vello de Berán, no municipio de Leiro, que dispón de piscina e vestiarios, podería levarse a cabo no vindeiro verán, no caso de cumprirse os prazos de obras e legalización promovidos polo presidente da Entidade Local Menor, José María Doval. 'Encargamos a un estudio de arquitectura unha valoración dos traballos de acondicionamento que sexan precisos, e tamén teremos unha entrevista con responsables de Sanidade para coñecer cales son as modificacións que hai que facer para que as instalacións cumpran a normativa', indicou Doval.
O obxectivo da Entidade é conquerir que o balneario vello, pechado dende hai un ano, poida ser visitado durante todo o ano, xa que a demanda para o baño nas súas aguas é moi elevada, debido á fama destas para a curación de todo tipo de enfermidades dermatolóxicas. José María Doval suliñou que a xestión deste centro de recreo recaerá na Entidade Local, á espera de que surxan iniciativas empresarias que se fagan cargo da explotación do balneario novo, pechado dende a súa construcción hai seis anos.

Te puede interesar