Os futuros médicos estudan as ventaxas da balneoterapia no Ribeiro

Piscina del balneario de Laias, ubicado en el concello de Cenlle.
photo_camera Piscina del balneario de Laias, ubicado en el concello de Cenlle.
Abordan as novidades que achegan expertos médicos de Francia, Alemaña, de países do leste e de España

No marco da Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia, o balneario de Laias acolle esta fin de semana, desde onte e no día de hoxe, unhas xornadas centradas no valor terapéutico da balneoterapia para o tratamento de patoloxías reumáticas, respiratorias e dermatolóxicas. Un grupo de futuros facultativos da Universidade de Santiago, que se están a formar na cura termal, coñecerán o valor da hidroloxía médica para abordar este tipo de doenzas. 

A coordinadora deste seminario é a doutora Dolores Fernández Marcos, especialista en hidroloxía médica e directora médica de Caldaria, que aglutina os balnearios ourensáns de Arnoia, Laias e Lobios. Explica que o alumnado participante nestas xornadas terá a oportunidade de coñecer os últimos estudos científicos levados a cabo en diferentes partes do mundo e que corroboran a eficacia terapéutica da balneoterapia para tratar determinadas enfermidades, en especial as crónicas.

Destaca as novidades que achegan expertos médicos de Francia, Alemaña, de países do Leste e tamén de España en relación ás indicacións da Medicina Termal para tratar enfermidades reumatolóxicas como a patoloxía reumática dexenerativa, a artrose, a artrite, a dor crónica da columna vertebral, lumbalxias, cervicalxias; tamén doenzas respiratorias como a enfermidade pulmonar obstrutiva e a asma; ou problemas dermatolóxicos.

Te puede interesar