Un grupo de expertos evalúa 83 tipos de viño en San Clodio

Os sumilleres, durante a cata. (Foto: Martiño Pinal)
O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro organizou onte no Mosteiro de San Clodio, en Leiro, unha cata dirixida á Asociación de Sumilleres 'Gallaecia' e á Asociación Galega de Catadores (AGC).
Foron en total 15 integrantes de ámbalas dúas asociacións os que participaron na degustación de viños da Denominación, na que se incluiron 83 referencias. Concretamente, 69 mostras de branco, 12 de tinto e dous de tostado. Desta cata sairán os premios Gallaecia e Excelencia deste ano.

Te puede interesar