MEJORAS

Melloras no firme da estrada entre Beariz e Liñares de Avión

Esta actuación é unha das previstas no marco dun contrato adxudicado a Misturas Obras e Proxectos, S.A.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda iniciou as obras de rehabilitación superficial do firme da estrada OU-212 no treito de mais de 2,5 quilómetros situado entre a saída do núcleo de Beariz e a entrada a Liñares, no Concello de Avión. No tramo inverteranse preto de 60.000 euros. Esta actuación é unha das previstas no marco dun contrato adxudicado a Misturas Obras e Proxectos, S.A. por case 400.000 euros co que tamén se rehabilitará o firme da estrada OU-402 en Reza, na que xa se iniciou a execución do contrato, e se actuará na OU-404 nos concellos de Cartelle e Castrelo de Miño. A obra ten por obxecto mellorar o estado de conservación do firme.

Te puede interesar