A Mostra de Teatro concede o seu premio de honra ó Centro Dramático Galego

A organización da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia decidiu conceder o Premio de Honra Abrente 2009 ó Centro Dramático Galego ‘polo seu importante papel na configuración do teatro galego contemporáneo, pola defensa da creación dramática en lingua galega, pola contribución á progresiva normalización cultural e pola súa adicación como institución pública’, apuntaron os responsables da mostra de teatro.
Por outra banda, sinalaron que ó espectáculo de inauguración, Splash, de La Fura dels Baus, previsto para o 17 de xullo, seguiranlle outros das compañías: Teatro Corsario, Atalaya, Sarabela Teatro e Teatro Meridional. Asemade, a mostra ofrecerá montaxes de países como Francia, Italia, Portugal, Brasil, entre outros de diferente procedencia. A organización tamén destacou a programación adicada ó público infantil, entre a que figura Réplica Teatro coa obra ‘Alicia tras o espello’. Finalmente, a igrexa da Madalena e a Casa da Cultura tamén acollerán representacións con aforo limitado.

Te puede interesar