O éxito da iniciativa motiva ós seus responsables á estudiar a súa apertura durante todo o ano

O Museo do Viño foi visitado por 100 persoas dende xullo

Antiga rectoral de Santo André, que acolle o Museo Galego do Viño (Foto: MARTIÑO PINAL)
Persoas de tódalas comunidades do Estado e do extranxeiro participaron, dende o mes de xullo, nas visitas guiadas promovidas pola Asociación de Amigos e a Oficiña Municipal de Turismo de Ribadavia ó Museo Galego do Viño, ubicado na antiga rectoral da parroquia de Santo André de Camporredondo
O obxectivo do colectivo cultural era que veciños e foráneos coñecesen de primeira man as características arquitectónicas do edificio e, de paso, poñer en valor o proxecto de musealización, que está paralizado pola Xunta dende o ano 2009. 'Consideramos que foi un éxito esta iniciativa, xa que nas xornadas fixadas para as visitas acudiu unha media de 15 persoas interesadas en coñecer o proxecto', suliña Juan Bande, presidente da Asociación de Amigos do Museo.

EXCURSIÓNS
Así, máis dun cento de visitantes de Cataluña, País Vasco, Andalucía, Asturias, Portugal, Francia e Suiza, entre outras rexións e países, atenderon as explicacións dos expertos no recinto de Santo André, tendo en conta que foron programadas ata agora un total de sete excursións nos meses de xullo e agosto. Juan Bande adianta que para setembro, e coa colaboración da Oficiña de Turismo, xa están previstos outros tres desprazamentos, os días 10, 18 e 25 do mes vindeiro.
Ante as expectativas creadas por iste programa, representantes da asociación, do departamento de Turismo e do Museo Etnolóxico de Ribadavia xuntaranse para avaliar a posibilidade de apertura do Museo Galego do Viño durante todo o ano, comezando coas visitas no mes de outubro. 'Na Oficiña de Turismo comprobouse que hai unha demanda estable para ampliar o calendario, e teremos que tomar unha decisión', comenta Bande.
Os desprazamentos de Ribadavia a Santo André fanse nun microbús fletado polo Concello ribadaviense, tódolos venres, ás 12,00 horas, con regreso á vila antes das 14,00 horas, e con carácter totalmente gratuito.
A oficiña turística tamén complementou estas excursións coas organizadas pola Asociación de Guías de Galicia, os sábados, polas igrexas románicas da comarca de O Ribeiro. n

Te puede interesar