O RIBEIRO

A Policía Autonómica investiga a un home en relación a un incendio forestal en Beade

O lume produciuse por mor dunha queima de restos forestais, a cal, debido aos refachos de vento, estendeuse pola leira.

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Ourense informaron este venres da investigación aberta a un home como presunto autor dun incendio forestal no concello ourensán de Beade.

Por parte dos Axentes da Policía Autonómica de Ourense, procedeuse a tomar declaración como investigado a un veciño de Beade como presunto autor dun lume ocorrido o pasado 4 de abril na zona das Regadas.

O lume produciuse por mor dunha queima de restos forestais, a cal, debido aos refachos de vento, estendeuse pola leira. O lume afectou a 1.300 metros cadrados de superficie rasa.

Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Ribadavia. No que vai de ano, son 16 as persoas detidas pola Policía Autonómica como presuntos autores de incendios forestais.

Te puede interesar