RIBADAVIA

O PP alerta dun vertedoiro no parque empresarial

Os populares critican "a pasividade do goberno municipal ante a existencia dun vertedoiro ilegal"

O grupo municipal do PP de Ribadavia avisou fai varios días ó Goberno local sobre a existencia dun vertedoiro incontrolado no parque empresrial, situado no entorno da localidade de San Cristovo. Os populares critican "a pasividade do goberno municipal ante a existencia dun vertedoiro ilegal", ó que de momento non se lle puxo solución.

Este grupo da oposición advirte que "o lixo acumulado neste vertedoiro aumenta de xeito alarmante sen que as autoridades municipais tomen medidas de limpeza do mesmo ou de vixiancia para evitar novos verquidos". E engade que "esta indolencia e irresponsablidade do goberno municipal está a provocar que este punto do concello se converta na cloaca da comarca".

Te puede interesar