O PP de Cenlle e Ribadavia pide trens lixeiros a Ourense e Vigo

O grupo municipal do PP de Ribadavia presentará, para o seu debate no pleno de setembro, unha moción propoñendo un novo enfoque para a liña de ferrocarril Vigo-Ourense, sumándose a unha iniciativa promovida polo Concello de Cenlle.
A moción, que xurdiu como froito do traballo conxunto co goberno deste municipio, pretende dar resposta á situación de malestar e descontento que se está a xerar entre os veciños do Concello de Ribadavia e limítofes, ante a cada vez máis agravada redución do transporte público.

Con esta iniciativa preténdese impulsar un proxecto común entre tódalas administracións, entidades, organismos e sociedades para mellorar a comunicación da comarca do Ribeiro con Ourense e Vigo, a través de servicios ferroviarios auxiliares, mediante trens lixeiros de menor custe e con apeadeiros nas localidades máis importantess.

O PP propón solicitar ao Ministerio de Fomento a elaboración dun informe de viabilidade desta proposta.

Te puede interesar