O PP propón un plan de xeito conxunto cos demais grupos da oposición, para a revitalización demográfica de Ribadavia.
O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia ven de presentar unha moción para ser debatida no pleno de decembro pola que insta ao goberno local á urxente elaboración dun plan de revitalización demográfica para o Concello de Ribadavia. O municipio "atópase nunha situación de extrema gravidade, xa que a perda dos 5.000 habitantes abocaría a Ribadavia a unha situación de moi difícil recuperación, tanto a nivel económico como a nivel social", sinala o portavoz popular, César Fernández.
Por iso, critican a actitude do alcalde socialista, Ignacio Gómez, por no implementar medidas de reactivación da natalidade, conciliación da vida laboral e familiar, impulso industrial ou de incentivos para que a xente se empadroe no municipio.
En consecuencia, o PP propón un plan de xeito conxunto cos demais grupos da oposición, para a revitalización demográfica de Ribadavia.