Premio do Parlamento ao Consello Regulador

Miguel Ángel Santalices (no centro) xunto cos galardoados.
photo_camera Miguel Ángel Santalices (no centro) xunto cos galardoados.

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, recibiu un dos galardóns da XXVIII edición dos Premios de Publicidade en Galego.2022.

O Parlamento de Galicia acolleu onte o acto de entrega destes premios resultado dunha convocatoria conxunta do Parlamento de Galicia, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta e o Foro Enrique Peinador. Tamén foron galardoados o CIFP Leixa, Aqualia, a Asociación PuntoGal e R Cable y Telecable Telecomunicaciones.

Ao Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, concedeuselle na categoría Internet, polo anuncio Treixadura-Modo Ribeiro, da Axencia Nasas.

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, resaltou a “capacidade de convocatoria”, que ao seu parecer, trátase dun “crecemento paralelo ao proceso de revitalización da lingua, hoxe asentada nos diferentes ámbitos sociais e culturais”. Con todo, salientou que para acadar a súa plenitude precisa “da presenza nas redes e no universo audiovisual”.

Te puede interesar