servicios médicos

O PSOE de O Irixo reclama outra ambulancia para a comarca

O PSOE considera que unha ambulancia non é suficiente para cubrir as emerxencias de toda a comarca

O portavoz do grupo municipal socialista do Irixo, Iago Fariñas Valiña, presenta unha moción instando ó Concello a que se dirixa ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para solicitar que se reforce con outra ambulancia o servizo de emerxencias do PAC do Carballiño, garantíndo así a toda a cidadanía desta comarca que dispoña dun servizo básico mínimo de atención sanitaria de calidade.

Sinala o PSdeG que "en moitas ocasións, é a todas luces insuficiente unha ambulancia, e son innumerables as veces nas que as urxencias son derivadas a Ribadavia ou Ourense, coa conseguinte demora no tempo de resposta, factor esencial para salvar vidas en casos como infartos ou accidentes", manifesta Iago Fariñas. n

"Que debido a crise son xa algúns anos que levamos escoitado a expresión 'recortes' que xa case forma parte do noso día a día, que moitos de estes recortes afectan ós piares do benestar que os gobernos do PSOE axudarón a consolidar no noso pais como educación, sanidade e pensións", apunta Fariñás.

O PSOE do Irixo súmase á reclamación dos socialistas do Carballiño, que tamén presentarán unha moción similar no pleno, argumentando que unha soa ambulancia no é suficiente para cubrir ás emerxencias de 30.000 habitantes da comarca.

Te puede interesar