Ribadavia promocionouse nos Estados Unidos

A Red de Juderías de España desenvolveu unha serie de actividades e eventos nas cidades de New York e Chicago entre os días 7 e 13 de decembro, dentro do simposio organizado polas comunidades xudeas norteamericanas e no que houbo contactos para a promoción turística de Ribadavia.
Unha delegación institucional da Red de Juderías mantivo contactos a alto nivel con diferentes personalidades do mundo da cultura, do turismo e das institucións norteamericanas no simposio ‘The Jews of Spain: Past and Present’ (Os xudeos en España: pasado e presente), que se desenvolveu entre os días 7 e 13 deste mes en New York e Chicago.

Entre os representantes estivo presente o concelleiro de Cultura de Ribadavia, Anxo Collarte, que mantivo xuntanzas coas comunidades xudías e organismos promocionais norteamericanos, e cun amplo abano de personalidades, entre elas o presidente da Federación de Comunidades Judías de España, Jacobo Israel Garzón, e o director general de Casa Sefarad, Diego de Ojeda.

Pola súa banda, o técnico munipal de Turismo, Antonio Míguez Amil, foi o encargado de dar a coñecer as cidades da Red de Juderías, particularmente as galegas de Ribadavia e Monforte. O responsable municipal contactou cun gran numero de turoperadores e periodistas, ‘que amosaron grande interés, sobre todo pola xudería de Ribadavia e polos seus viños’. Istes encontros celebraronse na cidade de Chicago.


Te puede interesar