CONCELLO

Ribeiro en Común reclama a recuperación das zonas de baño

Afirman que "ás portas da tempada estival" estas áreas están en situación "de abandono"

O grupo municipal Ribeiro en Común insta ao goberno de Ribadavia á recuperación e acondicionamento das zonas de baño e áreas recreativas, que "atópanse ás portas da tempada estival en situación de abandono". Refírese a área da Veronza que é a principal zona de baño, e que a pesar da inversión recente, está en mal estado; tamén a zona do Muíño da Raíña, no río Avia, chea de arbores secos.

Ribeiro en Común afirma que o mesmo acontece nas áreas de baño e de lecer dos diferentes  núcleos e parroquias como O Pociño, no río Outeiro, en Francelos; a área de San Cristovo, no río Avia; a zona de baño pública en Prexigueiro ao carón do río Cerves, que está na mesma situación de abandono. 

Te puede interesar