Seminario en Castrelo de Miño de estratexias de estudo

O Concello de Castrelo de Miño organiza para o próximo 16 de novembro, de 10,30 a 13,30 horas, no albergue do Parque Náutico, un seminario sobre o aproveitamento do tempo e técnicas de estudo, titulado 'Da o paso:Fórmate'. Está dirixido a estudantes de Secundaria e Bacherelato co fin de dar a coñecer as estratexias concretas e específicas para mellorar os hábitos de estudo.
Nese seminario abordarase o proceso de aprendizaxe, habilidades básicas para estudiar e planificación do estudo. A metodoloxía será activa e participativa coa realización de exercicios prácticos e dinámicas de grupo entre os asistentes.

Te puede interesar