Os socialistas de Leiro critican o 'enchufe' nunha praza municipal

A Agrupación do PSdeG de Leiro, ó traverso do seu presidente, Angel Sanmarful, denunciou 'o enchufe da filla dunha ex-concelleira do PP nunha praza de axente para atender a rede de telecomunicacións existente no Concello'. O responsable local dos socialistas explica que 'adxudicarán a praza nos próximos días sen antes poñer ningún Bando nin anuncios en prensa', imposibilitando así que todos os veciños poidan optar a esta praza nas mesmas condicións.
O alcalde, Francisco José Fernández, do PP, manifestou a súa sorpresa, 'xa que mañá (por hoxe) reúnese o tribunal seleccionador para decidir quen ocupará a praza'. O rexedor engadiu que 'esta non é máis que unha das mentiras do PSOE, xa que hai tres candidatos, de Castrelo, Ribadavia e Leiro, e son persoas que foron enviadas dende o Inem'.

Te puede interesar