O tenente de alcalde de Ribadavia desexa ter un liberado para atender as súas áreas

O BNG de Ribadavia propuxo ó alcalde, o socialista Marcos Blanco, dispoñer dunha persoa de confianza e de libre designación que sería o encargado de ’labores de asesoramente, apoio e dirección ó servizo dos dous ediles nacionalistas’, según explicou o voceiro Anxo Collarte. Iste concelleiro do BNG e tenente de alcalde opina que ’esta proposta é xenerosa, xa que imos respectar a limitación de salario de 1.300 euros imposta polo PSOE, e que foi a que provocou a crise no seo do goberno municipal’.
O posto de traballo que piden os nacionalistas sería eventual durante o mandato, ’e a persoa que o ocuparía sería designada libremente polo BNG’. Anxo Collarte engade que ’este nomeamento suporá un aforro para os veciños de Ribadavia, xa que ningún concelleiro noso vai cobrar soldo do Concello, tal e como vimos facende dende hai máis de catro anos’.

Te puede interesar