A Xunta da vía libre ó proxecto mineiro de granito que creará 30 empregos en Melón

O Consello da Xunta declarou onte a incidencia supramunicipal do proxecto sectorial de actividades extractivas da explotación Morada. O dito proxecto, situado no concello de Melón, permitirá a extracción de granito ornamental contando cun investimento, para o primeiro ano de actividade, superior ós 120.000 euros, e xerando máis de 30 postos de traballo directos e indirectos na comarca.
Deste xeito, a Xunta prosegue coa súa aposta por poñer en valor os recursos mineiros cos que conta a Comunidade, iniciando os trámites para a utilización dunha explotación que se desenvolverá durante os próximos 30 anos. O proxecto, solicitado por Minor Galicia SL, abarcará un total de 13 hectáreas no municipio de Melón que serán restauradas segundo avanzan os traballos, conseguindo, ao final, a recuperación do terreo.

'Constituese así a creación de emprego e a atracción de investimentos a través dunha minería ambientalmente sustentable e segura, e cuxos recursos benefician ao conxunto da sociedade', señalan desde el gobierno 'popular'.

Neste contexto, estase a impulsar a mellora da innovación e da competitividade no sector, incentivando a investigación, colaborando cos clusters empresariais e impulsando os centros tecnolóxicos da lousa e do propio granito, que realizan un importante labor de I+D+i.


SUELO RÚSTICO

A explotación mineira, proxectada en solo rústico de protección de infraestructuras para parques eólicos, será compatible co Parque Eólico Deva que, con 66 aeroxeneradores e unha potencia total próxima aos 40 MW, conta con 9 aeroxeradores neste municipio. 'Deste xeito, armonízase a actividade extractiva coa planificación territorial, co ambiente e cun desenvolvemento sustentable, compatibilizando ambas actividades', sinalan.

A alcaldesa de Melón, Cristina Francisco, recibía directamente do conselleiro de Industria a información sobre o proxecto. Asegurou que está nunha zona onde hai outra canteira, e que 'o Concello estará sempre apoiando o que decidan os veciños', matizó.

Te puede interesar