Como se afronta o inicio da campaña?
Eu creo que os inicios de campaña sempre se afrontan dende a ilusión, a esperanza de conseguir un obxetivo fundamental que é conectar cos cidadáns, transmitindolles as ideas, as propostas que temos os distintos grupos políticos, para conseguir ao final que sexan perceptivos á elas porque nós pensamos que son as más convintes para ista cidade. E nós, en ese sentido, a afrontamos con tranquilidade, con calma, pero con moita ilusión no próximo día 28.
Que o levou a tomar a decisión de presentarse?
Bueno, creo que foron varias cousas. Inicialmente, teño que decir, que a petición que me fixo o secretario xeral do partido, Valentín Fernández Formoso, considerando que dada a miña experiencia, podía aportar algo positivo para esta organización e para esta cidade e que eu creo que era necesario facelo desde a serenidade, desde ese sentido común, desde esa tranquilidade para conseguir que certos proxectos extratéxicos vitales para esta cidade neste momento se poidan levar adiante e se poidan facer realidad.
Onde van pór o foco?
Eu quero poñer o foco de una maneira moi especial na estación do ferrocarril. A porta de Galicia recuperando, por suposto, o proxecto de Norman Foster que eu creo que iba supoñer un antes e un despois para Ourense, pero especialmente para o barrio da Ponte. E teño tamén outra obsesisón que é a necesidade de ofrecer para a xente xoven , especialmente, vivienda. Eu entendo que a vivenda é un elemento que pode causar unha exclusión social tan ou máis que o paro. Por tanto hay que facer un esforzo.
E outro proxecto que hai que desarrollar é o plan termal de Ourense. Ourense está recibindo moitos visitantes, sobre todo dende que temos o AVE, e creo que hai que desarrollar entre todos, chegando a acordos, para facer un plan estratéxico sobre o tema termal para conseguir que veñan máis visitantes a Ourense e que sexa beneficioso para Ourense.
Que sensacions respira nas rúas?
Teño a sensación de moita proximidade e eu diría que a percepción é altamente positiva. Outra cousa é cómo se pronuncian de forma democrática o día 28, pero eu creo que é de moito aprecio de moito afecto, pero sobre todo é que percibo na xente a necesidade imperiosa de cambiar a situación no concello de Ourense. Non podemos ser unha cidade onde agora mesmo todos os medios estatales están burlándose desta situación e creo que é doloroso para todos esa sensación de humillación que non se corresponde coa realidade e que non a merecemos.
É reversible a situación na que se atopa Ourense?
Eu creo que sí é reversible sempre e cando se invite a unha aposta común entre os partidos políticos e outros sectores económicos e sociales, chámense sindicatos, chámense empresarios, chámense representacións. E entre todos temos que marcar unha dirección inequívoca.
Non está escrito en ningún lado que teñamos que seguir así e conformarnos con que nos sigan humillando. Eu creo que hai futuro.
É posible un Ourense orgulloso?
É imprescindible. É tremendo que estes días che diga a xente que esconde a súa identidade como ciudadano de Ourense. Pois non, ao contrario. Temos que devolver á ciudadanía esa autoestima, e ese orgullo de dicir: “Son de Ourense”.