RECONOCIMIENTO

Agromadas outorga o Freire Carril a Miguel Fernández

A entrega do premio será o 30 de xuño en Seixalbo, no marco da décimo terceira edición da Festa dos Foros.

Agromadas outorga o Freire Carril a Miguel Fernández

A Asociación Cultural Agromadas recoñecerá este ano co premio Freire Carril a Miguel Fernández Grande, como recoñecemento á labor social "de toda unha vida adicada á defensa da cultura e o idioma e a dignificación e mellora do benestar das persoas do rural galego", dende a súa parroquia de Parada de Outeiro, en Vilar de Santos.

Os membros do xurado destacan ao galardoado como "home de valores e de fé, que defendeu a nosa cultura e idioma sen ambaxes e que foi o principal alicerce para o desenvolvemento dunha zona da Limia que a día de hoxe goza dun nivel de benestar moi diferente á cando el chegou no ano 1969 a esta parroquia do rural ourensán".

Engaden que trátase dun "home próximo e discreto, animador social e cultural bo e xeneroso, que deixou unha impronta difícil de superar nas terras de Antela".

Rematan dende o xurado do premio que Fernández Grande "é para nós un home de referencia no ético é un modelo de compromiso, pois él asumiu con discreción e humildade o que, naquel momento, anos sesenta, foi un destino forzado froito da reacción dos poderes facticos contra as persoas (cregos) que defendían outras formas de ver a relixión"·

A entrega do premio será o 30 de xuño en Seixalbo, no marco da décimo terceira edición da Festa dos Foros.