NUEVO FRENTE JUDICIAL

O alcalde ofrece a súa colaboración coa Xustiza

A edil de Urbanismo Áurea Soto, tamén imputada por prevaricación administrativa, sinalou que o procedemento motivouse dende o Servizo para evitar a perda dunha cuantiosa subvención.

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, expresou hoxe a súa total vontade de colaboración coa Xustiza para aclarar a legalidade da adxudicación realizada en setembro de 2008 das obras de mellora da rúa Bedoya, pola que serán chamados a declarar en calidade de imputados por prevaricación administrativa os membros daquela Xunta de Goberno local, da que el formaba parte como concelleiro de Economía.

O alcalde amosou a súa "total tranquilidade" ante este feito, e reiterou o seu "máximo respecto ós órganos xudiciais no seu labor de investigación", aínda que defendeu a normalidade daquela adxudicación que "máis alá da preferencia por un ou outro formato administrativo" estivo motivada e gardou o principio de interese público. Agustín Fernández sinalou que "comparecerei gustoso para dar todas as explicacións necesarias", dixo, "xunto cos meus compañeiros de corporación", e coa total colaboración coa Xustiza con que, non e cabe dúbida, que acudirán tamén os restantes membros daquel órgano colexiado. 

Pola súa banda, a entón concelleira de Urbanismo e agora tamén de Infraestructuras, Aurea Soto, sinalou que o procedemento escollido no 2008 motivouse por parte do Servizo na execución e a non perda dunha subvención de 580.000 para a rua Bedoya, que foi completada na súa totalidade. 

"O procedemento nunca foi ata o de agora recurrido por ningunha das empresas do sector, e motivouse en garantir a cuantía da subvención, argumentos -por outra banda- recollidos polo TSXG na investigación ó conselleiro Agustín Hernández nun caso similar e que foi arquivada baseándose na defensa do interese público", dixo. De tódolos xeitos, Soto explicou que se darán as máximas facilidades ó Xulgado de Instrucción para que investigue ou non a idoneidade ou non do procedemento.


 

Te puede interesar