Barbadás creará unha lagoa para atenuar o efecto da calor extrema

Concello de Barbadás
photo_camera Concello de Barbadás
O Concello de Barbadás aproba a construción dunha lagoa de anfibios

O Concello de Barbadás contará cun espazo que atenuará o risco da calor extrema e que incidirá na mellora da calidade do aire. Emprazarase no entorno do Regato dos Muíños e mitigará o efecto illa de calor coa construción dunha lagoa de anfibios, a plantación de cerdeiras e a instalación dunha pérgola cunha vide que xerará espazos de sombra.

A actuación que se levará a cabo en Barbadás para construír a lagoa e loitar contra as altas de temperaturas será unha das sete que subvencione a Xunta de Galicia para a realización de accións de mitigación e adaptación ao cambio climático. O Concello vén de adxudicar as obras, que contan cun prazo de execución de catro semanas.

Victoria Morenza, tenente de alcalde, subliña a importancia de concienciar á poboación sobre o cambio climático e explicou que este proxecto acompañarase con programas formativos para a mocidade do municipio.

Te puede interesar