igualdade

Barbadás e o Ferro Couselo loitan contra o acoso e actitudes incívicas

Desenvolveron un proxecto para fomentar o respecto á diversidade e erradicar a violencia de xénero

Os alumnos do instituto de educación secundaria Ferro Couselo –ao que acoden moitos dos xóvenes estudantes de Barbadás – formáronse en civismo e loita contra a violencia de xénero e as faltas de respecto contra a diversidade o acoso escolar, grazas a un proxecto educativo conxunto das concellerías de Educación e de Mocidade do Concello e a dirección do centro de ensino. O obxectivo do programa era "sacar a mellor versión do alumnado" do centro.

Nunha primeira fase, traballaron co obxectivo de que os alumnos poidan descubrir as diversas capacidades que teñen, ofrecendo aos alumnos unha ferramenta de orientación e motivación que poderá axudalos a unha toma de decisión reflexiva en base ao seu futuro.

A segunda liña de traballo centrouse nas habilidades sociais, buscando unha convivencia sá e respectuosa. Este traballo constitúe tamén a vía necesaria para a prevención de conductas inadecuadas e indesexadas, como a falta de respecto á diversidade, a violencia de xénero e o acoso.

A concelleira de Mocidade, Ánxela González, destacou a importancia desta colaboración epor ser un foco social de xente nova e aludiu "á relevancia que ten traballar en prevención de conductas de discriminación por cuestión de xénero". A concelleira de Educación, Marga Pérez, resaltou o beneficio "para a orientación sobre o seu futuro".

Te puede interesar