O Concello de Barbadás lanza un concurso de vídeo de TikTok para a mocidade, que busca que os cóvenes amoesen o seu enxeño e ocorrencia, e que se convertirá nunha das principais novidades desta programación de Nadal no municipio.
O concurso está dirixido á mocidade don idades comprendidas entre 13 e 30 anos, que poderán optar a premios aos tres vídeos que máis votos reciban na páxina web municipal.
Os vídeos deberán xiran en torno ao Nadal con total liberdade en canto a técnica e estilo e a participación pode ser de xeito individual ou en grupo. A presentación debe estar feita coa aplicación TikTok.
O prazo de presentacióndos vídeos será do 30 de novembro ao 11 de decembro e enviaranse a [email protected] cun pseudónimo, nome completo, dirección, número de teléfono e idade do participante.
No caso dos menores de idade, deberá incluir adxunta unha autorización dos pais ou titores legais. No asunto da mensaxe debe indicar "Concurso de TIK-TOK 2020".