O BNG de Barbadás critica o uso das redes municipais

Sarín Núñez
photo_camera Sarín Núñez
O BNG reclama que o goberno local "deixei de empregar as redes do Concello para uso partidista"

O grupo municipal do BNG no Concello de Barbadás esixirá este lunsno pleno e a través dunha moción, que o actual goberno local “deixe de empregar as redes sociais do Concello de Barbadás para uso partidista”.

Segundo o portavoz nacionalista Sarín Núñez, “os Concellos, ao igual que o resto de administracións públicas, deben ter como obxectivo principal o ben común”, ao que engade, “as prácticas corruptas dalgúns grupos políticos e persoas á fronte destas institucións fai que a cidadanía amose un rexeitamento cara a actividade política en xeral e cara aos políticos en particular”.

“Nos últimos tempos estamos vendo como o Grupo de Goberno de PSOE e DO non diferencian o uso dos recursos do Concello e os recursos das súas formacións políticas e fan un uso partidista e interesado das redes sociais municipais e da súa páxina web”, denuncia o nacionalista.

Te puede interesar