CONCELLO DE OURENSE

O BNG pide solución ao estado “calamitoso” dalgunhas rúas de Ourense

Rhut Reza, Luís Seara, Xosé Manuel Puga e Erea Blanco
photo_camera Rhut Reza, Luís Seara, Xosé Manuel Puga e Erea Blanco
O portavoz nacionalista, Luís Seara, lamenta a “falla de transparencia e de información” e puxo sobre a mesa a a a “calamitosa” situación na que se atopan varias rúas de Ourense

O BNG volveu lamentar a “falla de transparencia e de información” nas xuntas de área do Concello, ao non dar resposta o goberno local a ningunha das cuestións dos nacionalistas. Os nacionalistas fixeron especial fincapé en coñecer os motivos polos cales se procedeu ao cambio de mobiliario na Concellería de Urbanismo, que se vai facer co mobiliario retirado e que se atopaba “en perfecto estado de uso” e os motivos polos que ningún responsable municipal supervisou os traballos tendo en conta “a cantidade de documentación sensible almacenada”.

Outra das preguntas xirou en torno as continuas avarías que os autobuses eléctricos están a padecer desde a súa entrada en funcionamento. Segundo o portavoz do BNG, Luís Seara, “o concelleiro afirma descoñecer os motivos de ditas averías, como tampouco soubo concretar cando entrarán en funcionamento os outros oito autobuses eléctricos, que, como advertiu Seara, non poden funcionar porque “soamente se instalou un cargador”.

Xosé Manuel Puga puxo sobre a mesa a “calamitosa” situación na que se atopan varias rúas e interpelou ao goberno local para coñecer se lle vai esixir á Xunta “actuacións urxentes” en Progreso ou avenida de Zamora.

Por último, a concelleira  Erea Blanco interesouse polos cursos da nova Escola Municipal Continua e afeoulle ao goberno local a súa  “falta de planificación”.

Te puede interesar