ENTREVISTA

"As Burgas, a Catedral e o Casco Vello crean un Ourense de lenda"

"O segredo das Burgas" (editorial Galaxia) é o debut literario de Andrés Pombo. O Ourense descoñecido e os mitos máis singulares de Auria sorprenden ao lector nesta publicación. 

Andrés Pombo
Andrés Pombo
"As Burgas, a Catedral e o Casco Vello crean un Ourense de lenda"

Estudou Maxisterio con mención de Inglés pero sempre lle gustaron as lendas. Dende pequeno, Andrés Pombo Graña (Ourense, 1988), perdíase nas páxinas da enciclopedia que tiña na casa. Máis tarde investigou en internet. "O segredo das Burgas" (editorial Galaxia) é o seu debut literario, que aínda está chegando ás librarías galegas. O Ourense descoñecido e os mitos máis singulares de Auria sorprenden ao lector nesta publicación. 

Todas son lendas coñecidas ou atoparemos algunha inventada?

Algúns elementos inventeinos ou modifiqueinos lixeiramente para facelos máis cinematográficos, para que fose máis emocionante a historia.

Cales son as lendas do libro?

A principal é sobre as Burgas. Aínda que "O segredo das Burgas" non está relacionado con ningunha lenda. Hai mencións ás catro aras de pedra que hai na piscina termal, cada unha adicada a un espírito gardián.Menciónase a antiga porta da cidade, da que agora quedan unhas pedriña en Xulio Prieto Nespereira. É unha historia con meigas, trasnos, demos... 

Sen desvelar ese segredo das Burgas, que pista lle da ao lector?

O segredo ten que ver con un elemento que aparece moito na literatura galega pero non é de Galicia. Creo que iso e todo o que podo dicir. Se alguen está tendo clase de galego na escola ou na universidade, cando lea este libro, quizáis recoñeza de que falo. É una novela trepidante.

Agora ten a doble visión de mestre e de escritor. Como pode axudar o fomento da literatura galega na escola?

Os libros son unha boa ferramenta para a ensinanza. Con este en concreto, os rapaces poden coñecer máis a súa cidad e as súas lendas. En definitiva, un pouco da historia de Ourense.

É unha novela escura?

Non. Non a escribín con esa intención, aínda que teña certos elementos de terror.

Ademais das Burgas, que escenarios ourensáns se mencionan?

O antigo hotel San Martín, as ruínas en Xulio Preto Nespereira e mencións menores ao parque de San Lázaro, a praza Maior e outros lugares emblemáticos da cidade.

Que ten Ourense para ser de lenda?

Non o pensei. Pero creo que temos un casco vello que merece a pena visitar, as Burgas e a Catedral, as antigas casas...Todo inflúe a crear ese ambiente de lenda. Estamos moi conectados co noso pasado, co Ourense antigo.