O Samaín percorreu as rúas entre a Praza da Imprenta e a do Ferro

As cabazas toman o Casco Vello

Imagen del desfile por las calles del Casco Histórico. (Foto: Martiño Pinal)
A procesión das cabazas foi a actividade principal da celebración do Samaín na cidade. Antes, os rapaces participaron en senllos obradoiros na Praza da Imprenta e no colexio do Couto nos que se prepararon para o curioso desfile.
As cabazas tomaron onte o Casco Vello da cidade para celebrar, por segundo ano, o Samaín. A Praza da Imprenta foi o lugar onde os rapacas puideron baleirar e decorar ata 400 cabazas no obradoiro organizado pola asociación Cidade Vella de Ourense. Ademais, realizaron espantallos e diversas actividades. Mentras, nunha actividade organizada pola anpa dos alumnos do colexio do Couto preparábanse tamén para par ticipar na procesión das cabazas, que percorreu o Casco Vello desde a Praza da Imprenta ata a do Ferro.

O desfile de cabazas, coas candeas acesas e con algúns participantes caracterizados para a ocasión daban o aspecto dunha curiosa procesión de ánimas, que chamou a atención dos viandantes máis alleos ó Samaín. Ó remate desta actividade, os nenos puideron escontar os contos de Celso Fernández San Martín. As actividades relacionadas con esta celebración continuarán hoxe na ludoteca de Amencer.

Te puede interesar