A Casa Real terá un exemplar do libro '101 recetas de pulpo'

O primeiro exemplar do libro '101 recetas de pulpo', elaborado por tres cociñeiros do Carballiño, terá como destinatarios as súas maxestades Don Juan Carlos e Dona Sofía, Reis de España. Un dos autores da publicación, que sairá do prelo o vindeiro luns, Víctor Fernández, sinala que 'mantivemos un contacto cos responsables da Casa Real, de xeito que aceptaron que os Reis españoles sexan os primeiros destinatarios do recetario, debidamente asinado e adicado por nós'.
Víctor Fernández, xunto coa súa compañeira María Luz Rodríguez, da tapería 'O Pipote'; o cociñeiro francés Pascal Lange, rexente da 'Casa Parriela', e Javier Díaz, do 'Mesón do Pulpo', son os protagonistas desta iniciativa editorial que ten coma obxectivo a difusión do pulpo como 'elemento máis representativo da gastronomía do Carballiño', cunha tirada de 5.000 exemplares.


PRESENTACIÓN

Receitas como son o 'carpaccio', o 'kebab', o 'tartar' ou o 'burguer' de pulpo son xeitos de presentar ante os clientes unha innovación culinaria do exquisito cefalópodo, ata un cento de diferentes tapas. A publicación, que está patrocinada polo Instituto Orensano de Desarrollo (Inorde), será presentado o vindeiro martes, ás 11.30 horas, no Centro Cultural Simeón. A esta cita acudirán o presidente da Deputación, José Luis Baltar, e o xerente do citado organismo de desenvolvemento, José Manuel Rodríguez, e representantes do Concello do Carballiño. A previsión dos autores é pór o libro á venda ó prezo de 9,90 euros, e sacar unha edición con novas receitas.

Te puede interesar