PREMIOS

O certame Xuventude Crea premia a 40 autores

photo_camera Yolanda Otero, Cecilia Vázquez e José Selas

Na convocatoria deste ano poderán participar mozos galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos

A nova edición do certame Xuventude Crea contará cun orzamento de 112.778 euros “para premiar o talento de arredor de 40 novos autores de 12 especialidades distintas na maior manifestación das posibilidades creativas da mocidade galega”, segundo destacou a directora xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez na presentación que tivo lugar onte no Espazo Xove de Ourense.

Na convocatoria deste ano poderán participar mozos galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos. Cada unha das especialidades contará con tres premios: o primeiro, de 3.000 euros; o segundo, de 1.500; e o terceiro, de 1.000 euros. O certame ten 12 especialidades: teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, moda, deseño de xoias e cociña, sendo esta última unha novidade.

Vázquez lembrou que grazas o certame “os mozos  poden exercitar as súas habilidades, ensaiar solucións innovadoras, valorar o exame crítico das súas obras e outorgarlles visibilidade”, engadiu.

Te puede interesar