O incidente tivo lugar cara as 16:46 horas da tarde, no punto kilométrico 85 da estrada AG-53
O 061 de Urxencias Sanitarias alertou, na tarde deste martes, dunha colisión entre un turismo e un camión na parroquia de Arrabaldo, en Ourense.
O accidente de tráfico tivo lugar cara as 16:46 horas da tarde, no punto kilométrico 85 da estrada AG-53.
Ó lugar dos feitos acudiron a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Ourense, a Policía Local e o servizo de mantemento da estrada.
Os efectivos de urxencias sanitarias tamén se movilizaron para atender a un posible ferido no choque.