O Concello de Maside reparte 4.000 quilos de alimentos

O Concello de Maside reparte 4.000 quilos de alimentos entre un total de 67 familias de baixos recursos neste municipio. Hai varios anos que forma parte do 'Plan de Axuda Alimentaria ás persoas máis necesitadas da Unión Europea' colaborando con Cruz Vermella no reparto dos excedentes de alimentos, según sinalaron as autoridades locais.
'Nestes días estase a levar a cabo o reparto da segunda fase da campaña a aquelas familias que, por circunstancias económicas e familiares, entroutras, tras solicitala, lles foi concedida a axuda', indican. Trátase de máis de catro mil quilos de alimentos entre os que se atopan, básicamente, leite, pastas, arroz, aceite, legumes ou conservas.

Nestes momentos o Concello de Maside dá cobertura a un grupo de 67 familias, das cales 37 pertencen ó colectivo xitano, que reside no poboado da Fontela, cunha totalidade de 200 persoas beneficiarias desta axuda.

Así mesmo, todas aquelas familias que, por circunstancias novas sobrevidas, se atopen nunha situación de necesidade, poderán solicitar esta axuda dirixíndose ó departamento de Servizos Sociais deste Concello, sito no Centro de Saúde de Maside, segundo apuntan os responsables do concello, quen aseguraron que continuarán dentro deste programa de axuda.

Te puede interesar