MÚSICA

Cristina Pato, de xira polos Estados Unidos en agosto

pato

A artista iniciará o 7 de agosto unha xira que a levará a dar dez concertos en Estados Unidos. Tamén impartirá clases na prestixiosa Universidade de Harvard

A artista ourensana Cristina Pato non para. O día 1 de agosto volve impartir un curso de verán na prestixiosa Universidade de Harvard e o día 7 comeza unha xira con Yo-Yo Ma e the Silk Road Ensemble por dez cidades americanas que se extenderá ata o 21 dese mes. Unha artista que o New York Times considerou como “unha virtuosa explosión de enerxía” e por The Wall Street Journal como “un dos mestres vivos da gaita” e que ten unha actividade frenética  posto que segue coa presentación por todo o mundo o documental The Music of Strangers. 

No primeiro día de agosto comezará na Universidade de Harvard o curso ‘The Arts and Passion-Driven Learning’ (A aprendizaxe a través das artes e da paixón), onde a artista ourensá forma parte da nómina de mestres (por quinta vez) que impartirán as súas ensinanzas, xunto co propio cellista Yo-Yo Ma e outros especialistas na materia.

Xira por Estados Unidos

Ademáis, o 7 de agosto iniciará iniciará xunto a Yo-Yo Ma e o Silk Road Ensemble, unha xira polo país americano. Dará concertos en Lenox (Massachusetts), Kennett Square (Pennsylvania), Selbyville (Delaware), Vienna (Virginia),  Cleveland (Ohio),  Indianapolis (Indiana), Highland Park (Illinois), Berkeley, Sonoma e Los Angeles (California)

O documental ‘The Music of Strangers’

O filme conta a historia deste colectivo musical creado polo lexendario cellista Yo-Yo Ma  do que forma parte Pato. A través da fita podemos seguir as vidas deste grupo de instrumentistas, e como exploran o poder da música para preservar a tradición, dar forma á evolución cultural e inspirar a esperanza. A parte dedicada á gaiteira ourensá explora os valores fundamentais da cultura e da identidade galega e lévanos a coñecer a súa vida familiar, social e cultural en Galicia. Un documental que obtivo boas críticas dos principais medios dos EEUU como o NY Times ou o Washington Post. 

Te puede interesar