Os invitados do programa 'Punto crítico' de Telemiño defenderon as súas posturas sobre o decreto do plurilingüismo

Un debate plural sobre as linguas

Manuel Prado, Belén Iglesias, Miguel Santalices, Nora Sola, Ana Garrido, Xosé Lois gonzález e Afonso Vázquez Monxardín. (Foto: JOSÉ PAZ)
O programa 'Punto crítico' de Telemiño debatiu onte sobre o decreto do plurilingüismo nas aulas. E aínda que o debate entre os invitados non foi bilingüe -curiosamente, todos optaron por expresarse inicialmente en galego-, si foi bipolar, dado que os partidarios e os opositores ó decreto non achegaron as súas posturas durante a hora e media que durou o programa.
Así, mentres Xosé Lois González, cre que a norma 'arrasa dunha maneira inmisericorde con todos os arranxos que se conseguiran co anterior decreto e non garante o mandato da presencia do galego en todas as etapas educativas', o deputado popular Miguel Santalices defendiu que garante 'a liberdade dos alumnos para dirixirse ó profesor e expresar ós coñecementos na lingua que considere oportuno. Garante a participación das familias no deseño da educación'. Todo iso, lembrando tamén que 'era unha promesa electoral'.

A concelleira Ana Garrido, pola súa banda, lembrou que a consulta ós pais fóra considerada inconstitucional polo Tribunal Constitucional -algo que negou Belén Iglesias, que dixo que 'estaba blindada legalmente'- e apelou a unha volta ó 'consenso' para protexer o galego, dado que 'non está en igualdade de condicións co castelán'. Nesa idea insistiu tamén González, que dixo que 'todo equilibrio entre dúas situacións distintas é inxusto'.

E nun programa no que a pluralidade era o centro do debate, en aras de ésta, os pais tamén tiveron a palabra no programa. Así, o presidente da Federación de Anpas de centros concertados de Ourense, Antonio Aguarón, pensa que 'é unha norma equilibrada que está a garantir a liberdade dos alumnos' e incluso afirmó que 'debemos felicitarnos' polo decreto.

O tempo deu tamén para falar da terceira lingua. Mentras os contrarios ó decreto estaban sorprendidos porque 'se rexeite a inmersión en galego e en cambio se admita en inglés', no outro bando pensaban que 'é diferente. O galego escóitase na rúa e o inglés non. Agora poderán estudialo tamén os fillos de xente que non ten recursos económicos'.

Te puede interesar