A Deputación de Ourense pide a NCG Banco 'fórmulas' para evitar o peche permanente de oficinas na provincia

A xunta de goberno da Deputación de Ourense aprobou este venres unha declaración na que que estude pide a NCG Banco e adopte 'fórmulas' para evitar o peche definitivo de oficinas bancarias na provincia.
A entidade informou este xoves de que pechará este ano 49 oficinas en toda Galicia, das que 18 están na provincia de Ourense. Ante estas noticias, a Deputación manifestou a súa 'preocupación' e pediu a entidade que 'reconsidere' a decisión.

No texto, a Deputación, que considera 'pésima' a noticia, ofrécese a colaborar co banco para 'analizar conxuntamente fórmulas para que non desapareza a atención á poboación en núcleos rurais, evitando a exclusión financeira de determinados territorios'.

A declaración insta a Novagalicia e aos concellos afectados a que 'adopten as decisións necesarias, coa colaboración dos medios materiais que estimen precisos, para evitar o peche permanente destas oficinas'.

Por outro lado, a xunta de goberno aprobou na súa reunión unha subvención para a Mancomunidade Terra de Celanova de 50.000 euros, co fin de manter o servizo contra incendios este anos.

Te puede interesar