A Deputación quere modernizar os padróns municipais

Fachada del edificio de la Diputación de Ourense con manchas de la manifestación de los bomberos
photo_camera Fachada del edificio de la Diputación de Ourense con manchas de la manifestación de los bomberos

A Deputación de Ourense, a través da área de Transparencia e Goberno Aberto, levará a cabo un proxecto que permita modernizar o padrón municipal das entidades locais. Así o  explicou onte a vicepresidenta primeira do goberno provincial, Marta Nóvoa, aos rexedores dos concellos de Ourense, durante unha xornada informativa no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Neste encontro de traballo, Nóvoa deu conta dos detalles deste proxecto que a Deputación presentará á convocatoria de axudas destinadas á transformación dixital e modernización dos sistemas de xestión do padrón municipal das entidades locais, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Política Territorial. 

O goberno provincial, na súa máxima de reforzar a cooperación cos concellos, busca abrir “outra vía de colaboración” para poñer en marcha un novo sistema de xestión sobre o territorio de ámbito municipal, no que se intercambie información entre padróns municipais e Instituto Nacional de Estatística (INE), mediante servizos web. 

A Diputación presentará o proxecto a comezos deste mes por un importe aproximado de 1,5 millóns de euros. Pola súa parte, os concellos tan só terán que remitir un escrito de adhesión á institución provincial indicando as actuacións nas que queren participar.

Te puede interesar