Deputación e Renfe alíanse para impulsar o termalismo social

Sonia Araújo e Luis Menor, tras asinar o convenio.
photo_camera Sonia Araújo e Luis Menor, tras asinar o convenio.

A Deputación de Ourense e Renfe veñen de asinar o convenio do Termalismo Social 2024. Trátase do primeiro convenio con carácter bianual, xa que desde que a institución provincial iniciou en 2014 a colaboración co ente ferroviario esta renovábase anualmente. O acordo asinado estende a duración a 2024 e 2025 e foi subscrito polo presidente da Deputación, Luis Menor, e pola directora xeral de Innovación, Sostibilidade e Transformación Dixital de Renfe, Sonia Araújo. Este convenio permite que o Programa de Termalismo Social da Deputación sexa o único en España que integra a opción de mobilidade en tren como un valor engadido para os seus beneficiarios. 

O presidente provincial, Luis Menor, manifestou trala sinatura que “grazas a Renfe e ao convenio que nos une podemos ofertar a posibilidade de que unha persoa que resida en Madrid solicite desde a súa casa, a calquera hora do día, sen papeis e sen desprazamentos, unha praza de estancia de seis días nalgún dos balnearios da nosa provincia e que dispoña da posibilidade de engadir na mesma solicitude o desprazamento en tren de alta velocidade onde o estará esperando un autobús para levalo directamente ao balneario”.

Os beneficiarios deste programa de cooperación público-privada entre a administración provincial, os balnearios de Ourense e Renfe poden realizar os trámites en menos de cinco minutos e 15 días antes da viaxe recibirán os billetes de tren na súa casa sen ningún trámite nin xestión.

Te puede interesar