Non hai alaricano que non posúa unha lembranza grata vencellada a O Arnado, tramo da ribeira do Arnoia que circundaba a vila e que hoxe é un dos seus pulmóns verdes no centro urbano. Todos se sinten orgullosos do que significa e da admiración q

O eterno compañeiro do Arnoia

Os veciños de Allariz sosteñen que hai poucos placeres comparables cun paseo polo Arnado, á beira do Arnoia e co amparo dos amieiros, cando o sol apreta no verán, ou na serenidade da noite. Incluso os hai que din que ten engado en calquera época do ano, pois se na primaveira brila, no outono presenta un colorido espectacular ca caída da folla; incluso no inverno, cando a brisa do norte obliga a tapar ata o nariz, existe quen atopa pracer en percorrer o entorno co río convertido en señor.
A beleza do entorno provoca sensación entre os forasteiros, que gaban xenerosamente a espectacularidade da paraxe. As melloras introducidas déronlle un aspecto máis coidado, por máis que sempre foi referencia para os cidadáns da vila. 'Ten habido traballos de modernización e de recuperación do entorno, como os terreos que ocupaba o campo de fútbol', segundo afirma o alcalde, Francisco García Suárez, que apuntala o feitizo do enclave co feito de que fose obxectivo dos fotógrafos -Xosé Suárez e Xosé Luis Suárez Canal, entre outros- ó longo dos tempos, que ofrecen imaxes espectaculares, perfectamente identificables, 'ainda que cos amieiros moito máis pequenos', como dí o rexidor.

Para García suárez, 'o Arnado foi, xunto ca Alameda, un dos lugares máis emblemáticos', ainda que non todasas iniciativas que se levaron a cabo ó longo dos anos aportaron solucións ás necesidades dos cidadáns. Por exemplo, un lavadoiro construido cando se supuña que era unha necesidade, pero que se revelou prácticamente inútil, debido á inestabilidade do caudal do río: no verán quedaba lonxe do tanque e no inverno pasaba por enriba. A idea tiña boa vontade, pero case dende o nacemento estaba condenada á desaparición. Eso non quita que a auga do río non servise para que os alaricanos -daquela as lavandeiras eran todas mulleres- acudiran ó río para lavar e incluso os obreiros e xornaleiros aproveitaban o fin da xornada para meterse na auga do Arnoia, enxabonarse e ir limpos para as suas casas.

Ainda que en esencia sigue sendo o mesmo sitio, a realidade social mudou e o entorno físico tamén a base de sucesivas transformacións, xa que 'foi sendo ampliada co paso do tempo. Retirouse dalí a carretera, agora convertida en paseo e zona de disfrute. Asimesmo, a retiada do campo de fútbol da marxe esquerda do río en Vilanova, permitiu unha ampliación considerable do espacio de lecer', segundo afirma o alcalde, quen insiste que o zona está convertida 'nunha gran zona de ocio e de baño, con atractivos como a recuperada fábrica, ó longo da beira do río, que se coñece tamén como a ruta do colesterol', apunta García Suárez.

Ainda que O Arnado propiamente dito é a área ubicada á esquerda da ponte de Vilanova, niste traballo considerarémolo un todo co resto da franxa que lle sigue cara abaixo pola Alameda. Precisamente a Fábrica é xa un icono na recuperación do río e o seu entorno; eiva pola que escomenzou no verán de 1989 o conflicto que derivaría na ocupación da Casa do Concello e que levaría ó BNG ó poder, da man de Anxo Quintana, e dende o ano 2000 co propio García Suárez como alcalde.

Pero se pasear polo Arnado constitúe un pracer, hai outras perspectivas que resultan interesantes, como a que suxire o mesmo rexidor, que consiste en situarse arriba, na zona do Castelo, 'que da unha visión de gran beleza'. Por alí transcurre o Camiño da Prata. Sen dúbida, 'é un dos espacios que nos identifica', sentencia García Suárez.

A recuperación da marxe dereita do río c ontinúa de xeito progresivo. As actuacións ó abeiro do Festival de Xardíns, permite convertir unha franxa considerable de terreo pegado á auga nun inmenso xardín, de diferentes formas e presentacións, así como con prantas de moitas clases e procedencias. Iste ano o lema será 'A beleza como fonte de inspiración.

Son moitas as persoas que se pasean a diario pola beira do río, dende a zona ubicada augas arriba da ponte de Vilanova, pasando pola Alameda ata chegar á antigua Fábrica de Curtidos, para continuar polo xardín que acolle o xa consolidado festival. Tamén menudean os visitantes forasteiros e turistas, sobre todo nos fins de semana, pontes ou épocas vacacionais. Inés, por exemplo, vén de Vigo coa sua familia. Nunca estivera en Allariz, e decidiron facer unha visita 'polo que temos oído falar', ainda que o empurrón definitivo proporcionáronllo 'uns amigos nosos que estiveron eiquí e marcharon encantados'. Pensa que non esaxeraron, porque o que viu gustoulle moito. 'É o pobo mellor conservado dos que coñezo', indica, opinión que corrobora o seu home ca cabeza.

Aurora e Luis veñen de Zamora, co obxectivo de visitar as termas á beira do Miño e, de paso, recalaron en Allariz. A sua fonte de información é internet, pois son viaxeiros curtidos, que 'ya no buscamos lugares típicos ni de masas, preferimos rincones bonitos, lugares con encanto'. Tamén están disfrutando ca visita, ata o punto de que cando volten, seguramente se deteñan de novo para comer en Allariz.

Toni e Christian viven en Ourense e son vellos conocidos da vila, pois moitos fins de semana veñen para sair pola noite eiquí, ainda que hoxe chegaron antes para tomar o sol na zona do Arnado e pensar cear a base de pinchos nos locales máis típicos. Logo reuniránse cos seus amigos para ir de marcha.

Te puede interesar