APROL RURAL

Facenda apoiou a creación de 190 empregos no rural ourensán

O Goberno galego apoiará con 2,1 millóns de euros a contratación de 190 persoas sen emprego en 85 concellos do rural da provincia

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de resolver as axudas de Aprol Rural, unha actuación que se desenvolve por terceiro ano consecutivo co principal obxectivo de incrementar e mellorar as oportunidades laborais do rural e dar un impulso aos traballadores das zonas menos poboadas de Galicia. Así, o Goberno galego apoiará con 2,1 millóns de euros a contratación de 190 persoas sen emprego en 85 concellos do rural da provincia ourensá, 12 deles Concellos Emprendedores, en concreto: A Teixeira, Montederramo, San Cristovo de Cea, Oímbra, Cortegada, Quintela de Leirado, Cenlle, Monterrei, Bande, Vilamarín, Cualedro e Pontedeva.

Te puede interesar