INAUGURACIÓN BALNEARIO CORTEGADA

Cortegada agarda “un novo rexurdir" coa apertura do seu novo balneario

photo_camera Avelino de Francisco y Feijóo abren la fila de autoridades durante la visita al balneario.

O establecemento termal, no que se investiron 2,1 millóns de euros, conta co equipamento máis avanzado para a saúde e ocio

Cortegada conta cun novo balneario, listo xa para iniciar a súa actividade, ofrecendo unhas instalacións modernas con un equipamento avanzado para o aproveitamento das augas mineromedicinais, tanto no ámbito terapéutico como de ocio. O alcalde deste municipio, Avelino de Francisco, lembraba na súa intervención durante o acto de inauguración o traballo longo e as veces tortuoso que supuxo o remate destas instalacións termais, desde que en 1999 se creou a Fundación Termal para levar a cabo o proxecto e que "gracias ó tesón hoxe podemos ver un novo rexurdir de Cortegada". A inversión total ascendeu a 2,1 millóns de euros.

Á inauguración asistiu o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo; o presidente da Deputación, Manuel Baltar; o delegado territorial, Rogelio Martínez e a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, ademáis de numerosos veciños e autoridades municipais da comarca do Ribeiro e dos seus concellos limítrofes.

Alberto Núñez Feijóo manifestaba que "hoxe podemos concretar que estamos a explotar os nosos recursos naturais e a consolidar a Ourense como provincia termal de España". Nesa línea, asegurou que a Xunta seguirá desenvolvendo o Plan de Turismo Termal para impulsar o termalismo na comunidade e convertelo nunha opción turística propia que conxugue ocio e saúde. O presidente destacou que hai máis de 20 balnearios cun volume de negocio que supera os 60 millóns de euros e que xeran 1.400 empregos directos. “De feito, Galicia é a autonomía con maior número de balnearios e a que conta con máis establecementos certificados coa Q de Calidade Turística”, puntualizou.

Seguindo co Plan de Turismo Termal, anunciou o proxecto de sinalización das vilas termais, “que executaremos este mesmo ano”. En canto á promoción e a comercialización do termalismo, sinalou que “este ano desenvolveremos o programa Turismo Senior Termal”, xunto coa creación do Club de Produto Turístico da Auga de Galicia, a reactivación da Asociación de Vilas Termais , o impulso da Cátedra de Hidroloxía Médica e o Máster de Dirección e planificación do turismo de interior e de saúde no Campus de Ourense, que será tamén a sede central do Campus da Auga.

Te puede interesar